3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: silvicultura

    Un informe sobre ‘Sustentabilidade e economía verde’ no territorio do río Miño sinala a silvicultura como factor de competitividade de futuro

    O AECT Rio Minho presentou hoxe en O Rosal o informe sobre ‘Sustentabilidade e Economía Verde’ no territorio miñoto elaborado dentro do Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT) do Rio Minho por especialistas da Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Entre moitas ideas de desenvolvemento circular para a zona subliñouse unha conclusión clara: a silvicultura será un importante factor de competitividade no futuro do territorio.

    Mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se poñerán en marcha en Galicia

    Selga, a empresa de silvicultura ligada á Asociación Forestal de Galicia, dirixe unha mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se aveciñan na comunidade. O evento, aberto a comunidades de montes, propietarios forestais e persoas interesadas, busca tanto asesorar ó sector forestal como coñecer os puntos de vista das persoas participantes.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.