Luns, 4 Novembro de 2024

Mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se poñerán en marcha en Galicia

O evento, que se celebrará de xeito online o 18 de decembro, abordará os futuros contratos de xestión pública dos montes veciñais, as agrupacións forestais de xestión conxunta, o Plan Forestal de Galicia e a revisión da Lei de Prevención de Incendios

Selga, a empresa de silvicultura ligada á Asociación Forestal de Galicia, dirixe unha mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se aveciñan na comunidade. O evento, aberto a comunidades de montes, propietarios forestais e persoas interesadas, busca tanto asesorar ó sector forestal como coñecer os puntos de vista das persoas participantes. A mesa de traballo enmárcase no proxecto Gefrecon, orientado á prevención de incendios forestais, que está promovendo o Instituto Tecnológico de Galicia.

A participación na mesa de traballo é aberta. A xornada desenvolverase online, tendo en conta as actuais restriccións pola Covid, e farase o venres 18 de decembro a partir das 16:30 horas. Poderase acceder ó evento a través desta ligazón: https://global.gotomeeting.com/join/579886293

Programa

  • Presentación do proxecto Gefrecon, Fernando Echevarría.
  • Contratos de xestión pública, Daniel Rodríguez.
  • Plan Forestal de Galicia, Francisco Dans.
  • Agrupacións forestais de xestión conxunta, Daniel Rodríguez.
  • Revisión da Lei de Prevención e Extinción de Incendios Forestais, Xosé Covelo.