15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: santo estevo de negros

    A Xunta adxudica as obras de restauración da igrexa de Santo Estevo de Negros no concello de Redondela

    A Xunta de Galicia vén de adxudicar as obras de restauración de Santo Estevo de Negros no concello de Redondela, tal e como anunciaron hoxe a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, nunha visita ao templo.

    A Xunta licita a restauración da igrexa de Santo Estevo de Negros en Redondela

    A Xunta de Galicia vén de licitar a obra de restauración da igrexa de Santo Estevo de Negros, no concello de Redondela, unha intervención que ten como obxectivo resolver os problemas de estanqueidade e ventilación deste templo, que data do século XIX e ten consideración de ben catalogado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.