12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: rubén gonzález

    Trece vivendas, unha escola infantil e un centro de atención a maiores, contarán con saneamento en Casás

    O Concello de Salceda de Caselas vén de salientar que nuns días quedarán rematados os traballos para a conexión á rede de saneamento no barrio de Casás, obras que contan cun orzamento de 24.512,67 € que serán asumidos con fondos propios do Concello de Salceda e executadas pola UTE do Consorcio de Augas do Louro.

    ‘Corre X Salceda’ reinvéntase e celebra a súa primeira edición virtual

    Este domingo, 3 de maio, Salceda de Caselas debería acoller a celebración dun dos seus eventos deportivos de máis soa: a oitava edición da 'Corre X Salceda', unha carreira que cada ano congrega no municipio a máis de 800 deportistas de tódalas idades convertendo a proba, nunha auténtica festa do deporte. Porén, nesta ocasión, pese a que o confinamento manda, o Concello non está disposto a 'tirar a toalla' e renunciar á súa proba deportiva máis destacada.

    Salceda destina máis de 90.000 euros a 25 entidades culturais, sociais e deportivas do municipio

    Os convenios contribúen a sufragar os gastos realizados ao longo do ano e que as entidades beneficiarias terán que xustificar no Concello durante o mes de decembro Un total de 25 entidades sociais, culturais e deportivas de Salceda de Caselas veñen de asinar co Concello os convenios de colaboración deste...

    O Penedo Redondel mellora as súas instalacións cara a vindeira tempada

    O Concello de Salceda iniciará nestes días as obras da primeira fase do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais de Penedo Redondo, ubicadas na parroquia de Parderrubias. Nesta primeira fase contémplase a construción dunha sala de usos múltiples á que se accederá dende a fachada sur do edificio...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.