Tag: rpt
O Equipo de Goberno de Salceda inicia as negociacións para aprobar a RPT
O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ten xa rematada a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) que este xoves será debatida cos representantes sindicais na mesa xeral de negociación convocada con este único punto na orde do día. O documento, que será o primeiro existente na historia do Concello de Salceda, permitirá a regularización dos diferentes postos existentes no Concello, así como a creación de novas prazas precisas para o correcto funcionamento da administración local.