Tag: radio
A lírica e a radio fusiónanse no IES Antón Alonso Ríos en Tomiño
A radio pode ser unha ferramenta excelente para a divulgación da poesía entre o estudantado e iso é algo que teñen moi claro no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. Desde o ano 2018, as instalacións da radio municipal Radio Mocidade foron trasladadas ao centro educativo co fin de aproveitar o seu uso para actividades académicas e educativas.