10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: plan de mobilidade urbana sostible

    Salvaterra enquisa á veciñanza para a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

    O Concello de Salvaterra de Miño arranca coa elaboración do seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), unha ferramenta de planificación da mobilidade e que ten como obxectivos favorecer os desprazamentos e modos de transporte enerxéticamente máis eficiente

    O Concello de Baiona pon en marcha a redacción dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible

    O Concello de Baiona iniciou hai uns días o proceso de redacción do seu Plan de Mobilidade Sostible para o que, nestas semanas, a empresa redactora está a realizar unha primeira análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.