Tag: piricoto do vilar
O martes ábrese a inscrición para participar no ‘Día Internacional das persoas maiores’ en Nigrán
O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este xoves 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos) e homenaxe posterior. Por cuestións de protocolo sanitario estará limitada a participación a 30 persoas
O Concello de Nigrán e a Comunidades de Montes de Camos habilitan un miradoiro no Piricoto do Vilar
O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Camos veñen de habilitar un miradoiro no coñecido popularmente como o 'Piricoto do Vilar', no parque forestal a beira do coñecido como sendeiro das Medoñas que se inicia en Priegue, atravesa Camos e finaliza en Chandebrito. A infraestrutura de madeira de pino tratada para exterior (encargada a unha carpitentería do municipio e cun investimento de 3.000 €) mide uns 15 metros cadrados e se asenta sobre unha rocha xa frecuentada desde sempre pola veciñanza pola súa sorprendente panorámica de toda a comarca.