Tag: paso a nivel
ADIF agarda suprimir o paso a nivel do Porriño con fondos “Next Generation” da UE
ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e “Prointec” para determinar as características do chan.
Adif inicia as catas xeotécnicas para a redacción do proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño
Adif iniciou as catas sobre o terreo para a redacción do estudo xeotécnico, estudo de alternativas, proxecto básico e proxecto de construción para a supresión do paso a nivel do Porriño, na liña de ancho convencional Monforte de Lemos-Vigo.
Neste mes comezarán as catas para o proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño
A alcaldesa do Concello do Porriño, Eva Garcia de la Torre, autorizou esta pasada semana á empresa GOC, Consultoría e Ingeniería a executar as catas e sondaxes precisas para o proxecto de supresión do paso a nivel no Porriño. Tratase do estudo xeotécnico a incluír no proxecto construtivo que...
ADIF comunica que debe retomar os traballos de mantemento que afectarán ao tráfico de vehículos na zona do paso a nivel
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) comunicou ao Concello do Porriño que hoxe o luns 22, debe retomar os traballos de mellora na área ferroviaria que motivará a repetir os recortes e desvíos do tráfico de vehículos na contorna.
Cortes de tráfico e desvíos esta noite no Porriño polas obras de mantemento do paso a nivel
A Policía Local do Porriño vén de car conta dunha serie de cortes e cambios de tráfico rodado para vehículos, debido aos traballos de mantemento que ADIF realizará a partir das 23 horas deste domingo 21 e ata as 6 da mañá do luns 22, na zona do paso a nivel.
Guillermo Meijón asegura no Porriño que “nunca miramos un Goberno máis comprometido” en suprimir o paso a nivel
“Podemos felicitarnos todos de que o proxecto de soterramento do tren ao seu paso polo Porriño, coa eliminación dese paso a nivel anacrónico, vai ser moi cedo unha realidade”, afirmou hoxe o deputado Guillermo Meijón nunha reunión de traballo coa alcaldesa e concelleiros do goberno municipal.
A alcaldesa do Porriño anuncia á veciñanza que a supresión do paso a nivel está máis preto dende hoxe
Eva García de la Torre anuncia á veciñanza do Porriño que “a ansiada supresión do paso a nivel ferroviario polo centro da vila está dende hoxe máis preto de materializarse grazas a que o Goberno Central ven de adxudicar os estudos e a redacción do proxecto para a súa supresión”.
Mañá ábrense as plicas para a licitación do proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño
O ADIF confirmou hoxe á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, que maña martes día 10 abriranse as plicas das empresas interesadas no proxecto de supresión do paso a nivel existente no centro urbano da vila. A resolución deste concurso “será inminente e desarrollase en tres fases, sendo a primeira o estudio xeotécnico” segundo manifestáronlle á alcaldesa responsables do Administrador de infraestructuras Ferroviarias.
A alcaldesa do Porriño cualifica a licitación do proxecto para suprimir o paso a nivel “o maior avance ata agora acadado”
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, recibiu “con moita satisfacción” a nova comunicada este mediodía polo ADIF que resolveu licitar o contrato para a redacción do proxecto de supresión do paso a nivel polo centro do Porriño. A rexedora local porriñesa valorou esta licitación como “o maior avance acadado ata de agora polo Concello do Porriño nas xestións realizadas ante o Ministerio de Fomento”, declarou.
ADIF licitará antes de decembro a redacción do proxecto para suprimir o paso a nivel do Porriño
O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) anunciou hoxe á alcaldesa Eva García que licitará antes de decembro a redacción do proxecto constructivo para suprimir o perigoso paso a nivel existente no centro do Porriño. A solución técnica que se formula é mediante a depresión da rasante da vía férrea, segundo explicou María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Proxectos e Planificación á alcaldesa.
A alcaldesa do Porriño reúnese en Madrid con ADIF nun novo intento de suprimir o paso a nivel
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre reunirase o vindeiro xoves, 19 de setembro, en Madrid, con María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Planificación e Proxectos do ADIF. A reunión en Madrid, segundo o Concello porriñés "froito das persistentes xestións ante o Ministerio de Fomento", será un novo intento para dar forma a un convenio que posibilite executar o soterramento da vía férrea e eliminar o actual paso a nivel.