15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoGuillermo Meijón asegura no Porriño que "nunca miramos un Goberno máis comprometido"...

    Guillermo Meijón asegura no Porriño que “nunca miramos un Goberno máis comprometido” en suprimir o paso a nivel

    “Podemos felicitarnos todos de que o proxecto de soterramento do tren ao seu paso polo Porriño, coa eliminación dese paso a nivel anacrónico, vai ser moi cedo unha realidade”, afirmou hoxe o deputado Guillermo Meijón nunha reunión de traballo coa alcaldesa e concelleiros do goberno municipal.

    Meijón Couselo xunto á deputada Angeles Marra e a senadora Marica Adrio, mantiveron unha reunión de traballo con Eva García, a concelleira Lourdes Moure e os concelleiros Sergio Casal e David Alonso a propósito do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

    Previamente acudiron ao paso a nivel onde comentaron as últimas novidades sobre a tramitación do proxecto. A redacción do mesmo adxudicouse por 854.603 € e deberá incluír estudo de alternativas, proxecto básico e proxecto construtivo. Entre as alternativas figura a posibilidade de soterrar tamén a actual estación ferroviaria. O contrato formalizouse hai uns días polo ADIF.

    Meijón asegurou que “nunca miraramos aun Goberno tan convencido e comprometido para que este compromiso poida concretarse”, de feito, sinalou, “xa é un gran avance que se adxuicase o proxecto e que teña un prazo de entrega de 16 meses polo que a partir de ahí damos por seguro que O Porriño por fin poderá liberarse dese paso a nivel”, manifestou o parlamentario pontevedrés.

    Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu que esta visita “trouxera tan boas novas sobre a intención e o compromiso do Goberno de España para acadar a eliminación do paso a nivel no centro do Porriño”. “Sei que nun futuro non moi lonxano veremos cómo será realidade”, engadiu Eva García.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.