Tag: participación veciñao
O BNG de Redondela considera que o goberno local ignora a participación veciñal
Dende a organización nacionalista saen ao paso da dinámica desenvolvida polo goberno local “realizando actos públicos, onde se da conta de propostas realizadas polos colectivos nos Consellos Parroquiais”, órganos que, lembra o portavoz do BNG Xoán Carlos González, "naceron da man do BNG no ano 2000 cando se aprobou o Regulamento como órgano de participación veciñal onde se prantexan as necesidades das parroquias, e o goberno municipal debe dar conta das súas propostas.