8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: normalización lingüística

    O IES Salvaterra de Miño tamén se une á campaña «Aquí tamén se fala galego»

    Este venres, 16 de febreiro, o alumnado de 4º ESO do IES Salvaterra de Miño arrancou desde a praza do concello a súa campaña a prol do galego “Aquí Tamén se Fala Galego”, ideada polo IES Rafael Dieste da Coruña. Trátase dun proxecto de dinamización lingüística na que participan máis de 170 centros de ensino do país co obxectivo de rachar os prexuízos que transmiten a idea dunha Galicia que fala pouco o galego.

    Redondela presenta a segunda edición de “Memoria da Estirpe”

    ‘Memoria da Estirpe’ é un proxecto promovido polo Servizo de Normalización Lingüística dependente da concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas que busca recuperar, conservar e poñer en valor o patimonio oral do municipio.

    Redondela pon en marcha un proxecto pioneiro para recuperar, conservar e poñer en valor o patrimonio oral das persoas maiores do municipio

    O centro de día de Cesantes foi, este verán, punto de partida dun proxecto promovido polo Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas que, baixo o nome de «A memoria da estirpe».

    A Xunta recoñece o traballo do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

    O Servizo de Normalización Lingüística (SLN) do Concello de Redondela, dependente da concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de ver referendado o seu traballo coa concesión dunha subvención de 6561,57 € da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, publicada no DOG do pasado 26 de xullo.

    Ponteareas apoia a ‘Iniciativa polo audiovisual en galego’

    O Concello de Ponteareas apoia e felicita a ‘Iniciativa polo audiovisual galego’, impulsada pola Mesa de Normalización Lingüística, co obxectivo de buscar a igualdade para o galego na dobraxe, audiodescricións e financiamento de produción.

    Concello e Asociación de Empresarios presentan a campaña ‘Nós Galego 365’

    A redondelá praza de José Figueroa foi escenario na mañá de hoxe da presentación da campaña 'Nós galego 365', unha iniciativa promovida pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela, que busca a potenciación da lingua galega no ámbito comercial, neste caso, no sector das panadarías.

    O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela recibe unha achega da Deputación

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou, o pasado 11 de agosto, a concesión dunha axuda ao Servizo de Normalización Lingüística de Redondela por importe de 20.000 euros –a máxima contía para este tipo de achegas– para o seu reforzo e mantemento.

    O Concello de Redondela denuncia o “flagrante incumprimento” da Xunta de Galicia coa normativa lingüística

    O escrito dirixido ao Concello de Redondela por parte novo responsable de planificación das iniciativas do programa 'O Teu Xacobeo', escrito integramente en castelán, foi considerado onte polo Goberno local como “unha clara mostra do incumprimento por parte da Xunta de Galicia da normativa lingüística” e lémbranlle “que a lingua oficial de comunicación é o galego”.

    A Deputación destina 220.000 euros a concellos e entidades culturais para desenvolver actividades e programas de fomento da lingua galega

    A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Lingua, vén de facer públicas as bases de subvencións dirixidas aos concellos e ás entidades culturais sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2021. Estas axudas, que segundo confirma a deputada María Ortega ascenden a 220.000 euros, incorporan varias novidades con respecto a anteriores edicións: priorizarán as actividades organizadas por concellos que dispoñan de Servizo de Normalización Lingüística e permitirán financiar non só unha, senón varias actividades sempre que estean dentro dun programa xeral de potenciación da lingua.

    Concello de Redondela e Asociación de Empresarios presentan unha campaña de dinamización lingüística na hostalaría

    O Concello de Redondela, por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística, e a Asociación de Empresarios/as de Redondela presentaron hoxe unha campaña de dinamización lingüística nun acto no que participaron a alcaldesa e responsable do departamento de Normalización Lingüistica, Digna Rivas, e Cruz Bastos e Gustavo Rivas, das seccións de Turismo e Hostalaería da Asociación de Empresarios, respectivamente.

    Concello e Confraría de pescadores asinan un convenio de galeguización da lonxa de Cesantes

    Na mañá do martes 15 de setembro a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o patrón maior da confraría de San Xoán de Cesantes, Xoel López, asinaron un convenio de colaboración para a galeguización da lonxa. Dito acordo permitirá que a lonxa de Cesantes inicie un proceso da normalización do galego contando co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela que é competencia da propia Alcaldesa.

    Ponteareas solicita á deputación unha axuda de 16.000 euros para mantemento do Servizo de Normalización Lingüística

    O servizo de Lingua da Deputación de Pontevedra recibiu neste exercicio sete solicitudes de subvención para apoiar o mantemento e a posta en marcha dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos da provincia. O Concello de Ponteareas foi un dos que presentou a solicitude de axuda por unha contía de 16.000 euros (o máximo permitido) para facer fronte ao custe de persoal do departamento municipal, que xa está en funcionamento. A petición será agora analizada polos técnicos provinciais e, se non se producen contratempos, será aprobada proximamente.

    Redondela inaugura a ‘Filmoteca Galega’

    Logo do éxito acadado polas últimas producións realizadas en lingua galega –O que arde, Longa Noite e Trinta lumes–, o Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas vén de impulsar unha iniciativa que, baixo o nome de 'Filmoteca Galega', busca crear un fondo propio que incluirá curtas e longametraxes, documentais e cine infantil.

    O Concello de Tomiño realiza unha campaña de normalización lingüística e apoio ao comercio local

    O concello de Tomiño, tras conmemorar o Día das Letras Galegas, continúa coa súa campaña de normalización lingüística a través da posta en marcha dunha iniciativa específica dirixida ao sector comercial tomiñés, na que colaborou previamente toda a cidadanía.

    O programa «Apego» de dinamización lingüística volve a Redondela

    O espectáculo musical ‘Té, café, chocolate, do grupo ‘Golfiños’, será o encargado de abrir unha nova edición do programa Apego en Redondela. Será o venres 28 de febreiro ás 18 horas no multiúsos da Xunqueira.

    Redondela reafirma a súa aposta pola potenciación da lingua galega na escola

    A xuntanza anual da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüísticas (CENDL), integrada polo Concello de Redondela e os centros educativos do municipio deixou ben clara a súa aposta polo fomento da lingua galega nos centros escolares.

    Nigrán xa ten a súa primeira Ordenanza de Normalización Lingüística

    A Corporación de Nigrán aprobou por unanimidade no pleno ordinario de onte a primeira ordenanza de normalización lingüística do Concello, unha moción do goberno local na que se acorda potenciar o uso do galego na actividade municipal e adoitar medidas para que non se produza ningunha discriminación por razón da lingua que un empregue nas súas comunicacións (tanto orais como escritas co Concello de Nigrán ou coas empresas adxudicatarias de contratos).

    Redondela desenvolverá iniciativas para a utilización da lingua galega nos cemiterios

    O goberno municipal, encabezado pola alcaldesa Digna Rivas, quen tamén é concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso a todos e todas os que alí repousan. Digna Rivas chamaba a atención sobre o feito de que "a maioría dos habitantes do Concello falan en galego, mais só o 2% das lápidas ou placas colocadas nos cementerios están na nosa lingua".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.