Este venres, 16 de febreiro, o alumnado de 4º ESO do IES Salvaterra de Miño arrancou desde a praza do concello a súa campaña a prol do galego “Aquí Tamén se Fala Galego”, ideada polo IES Rafael Dieste da Coruña. Trátase dun proxecto de dinamización lingüística na que participan máis de 170 centros de ensino do país co obxectivo de rachar os prexuízos que transmiten a idea dunha Galicia que fala pouco o galego.
[su_image_carousel source=”media: 81762,81760″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
A iniciativa chegou a todo tipo de comercios da vila de Salvaterra, onde se colgaron carteis nos seus escaparates co lema “AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO” para convidar a usar a lingua galega en todos os ámbitos da vida diaria e para visibilizar a súa presenza entre a veciñanza.
A campaña contará cunha proxección nas redes sociais do instituto e do aquitamensefala.com, onde se divulgarán as imaxes dos comercios participantes nesta innovadora iniciativa.