9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis

    Tag: namórate da ciencia

    E Nigrán namorouse da ciencia

    O Auditorio de Nigrán encheuse na xornada participativa que, baixo o nome máis que acertado de 'Namórate da Ciencia', pechaba toda unha semana de actividades celebradas nos centros escolares con motivo do 'Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia'. Cando as cousas planifícanse ben, con sentidiño e sobre todo con paixón, adoitan sair ben así que, dende ese punto de vista, que 'Namórate da Ciencia' saíra extraordinariamente ben, tampouco era unha sorpresa.

    Marina Vidal, “é importante que nenos e nenas coñezan o traballo dos científicos en xeral e das científicas en particular”

    O Concello de Nigrán achega, durante toda esta semana, a ciencia aos centros escolares e o fai da man de recoñecidas investigadoras que teñen unha vinculación directa co municipio. Marina Vidal é, amais de concelleira de Ensino, mestra en activo e iso nótase á hora de falar de temas...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.