9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: museo do mar

    O Museo do Mar da Guarda incluído na guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA

    Os GALP de Galicia promoven no marco do proxecto Pasaporte REMA a creación da primeira guía sobre a cultura mariñeira atlántica europea. Nela, están representados 25 museos galegos, un portugués e outro asturiano, e entre todos eles o Museo do Mar da Guarda.

    A Guarda convida a visitar o MASAT e Museo do Mar

    O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda.

    O Museo do Mar da Guarda, na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

    O Museo do Mar da Guarda, que forma parte da Rede Municipal de Museos xunto co MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega) e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, é un dos once novos centros que xa forman parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA).

    Novo horario de inverno no Museo do Mar da Guarda

    A partires desta fin de semana (15 de setembro) o Concello da Guarda modificará os horarios do Museo do Mar e, ao mesmo tempo, realizarase o peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz. En canto á zona de parque público do Castelo de Santa Cruz permanecerá aberta durante o mes de setembro en horario de 10:00 h a 20:00 h e a partires do mes de outubro de 10:00 h a 19:00 h.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.