11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: murais

    Oia continúa coa súa aposta pola arte mural cun novo traballo de Flix en Torroña

    Oia continúa coa súa aposta polo embelecemento de espazos públicos a través dos coloridos traballos do artista Flix, quen vén de rematar unha nova creación en Torroña (Burgueira). Trátase dun mural con alusións aos traballos do agro e situado no recinto do antigo xogo de bolos.

    O Concello de Oia mostra as súas pinturas murais a través de rutas guiadas de arte urbana e historia

    As diversas obras de pintura mural coas que, ao longo dos últimos anos, se teñen ido embelecendo distintos espazos públicos de Oia son as protagonistas dunha serie de rutas turísticas que se desenvolverán os próximos 15 de maio e 20 de xuño, organizadas polo Concello de Oia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.