Tag: mulleres rurais
Mulleres do rural debateron na Escola María Vinyals da Deputación sobre as carencias que visibilizou a COVID e piden “ser tidas en conta” no debate político
As mulleres do rural da provincia de Pontevedra piden paso, protagonismo e liderado para formar parte “nas decisións” do futuro modelo de desenvolvemento para o territorio, que ten que arbitrarse no proceso de recuperación da pandemia da Covid19. Na xornada “As mulleres e os efectos da Covid-19 na Galicia...
A Deputación súmase ao Día Internacional das Mulleres Rurais coa reivindicación de visibilizalas e empoderalas
A Deputación de Pontevedra celebra hoxe o Día Internacional das Mulleres Rural adheríndose á declaración institucional da FEMP para reivindicar o papel das mulleres no medio rural e facer fincapé na necesidade de adoptar medidas para garantir unha mellora na súa situación, e máis no contexto de crise sanitaria actual. Xunto a esta adhesión, a institución provincial abriu tamén hoxe, a través de www.depo.gal, o prazo de inscrición para participar na xornada “As mulleres e os efectos da Covid-19 na Galicia rural”, en colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR), que terá lugar o 28 de outubro ás 11.00 horas a través de zoom.