11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: monte aloia

    A Xunta impulsa unha rede de seguimento das bolboretas no Monte Aloia

    A Xunta de Galicia está a traballar no deseño e posta en marcha dunha rede de seguimento de bolboretas nos parques naturais Monte Aloia, complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregán e Vixán, e Baixa Limia-Serra do Xurés, tres espazos cunha presenza importante deste tipo de insectos.

    A Deputación abre a inscrición na ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

    A Deputación de Pontevedra abre este luns, 25 de abril, o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da quinta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife.

    O “Trail do Aloia” acelera o pulso dos atletas

    “Que prova tan bonita, felicidades pola organización e ou percorrido” foron as primeiras palabras de Brais Otero, flamante do vencedor do “ Trail do Aloia” que se celebrou esta fin de semana no concello de Tui.

    Abertas as inscricións para o Trail do Monte Aloia

    O Trail do Monte Aloia, que sita en Tui, acadará os vindeiros días 6 e 7 de novembro unha edición que poderase convertir na mellor da súa historia. Xa está aberto o prazo de inscrición para dous días intensos.

    A posta en valor da senda botánica e mellora do parque infantil de Circos, dous atractivos para potenciar o turismo sostible no Monte Aloia

    A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, salientou onte que a posta en valor da senda botánica e a mellora do parque infantil en Circos son dúas actuacións que potenciarán o turismo sostible e os valores naturais do Monte Aloia. A conselleira de Medio Ambiente visitou onte estas zonas do primeiro parque natural declarado na Comunidade, nas que se levarán a cabo dúas actuacións para a mellora e posta en valor e que veñen de ser adxudicadas por un importe de 30.000 euros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.