10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: galaicos

    «Galaicos. Un pobo entre dous mundos», dende hoxe no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

    Poñer en valor o patrimonio arqueolóxico e cultural da provincia pontevedresa e Galicia e favorecer deste xeito un turismo sostible baseado na historia, co fin de atraer visitantes durante todo o ano, é o obxectivo da mostra da Deputación de Pontevedra 'Galaicos: Un pobo entre dous mundos', que desde hoxe e ata o 2 de febreiro exhibe o Museo de Pontevedra.

    A Deputación leva a Valencia ‘Galaicos: un pobo entre dous mundos’

    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá a chegada a Valencia da exposición «Galaicos: un pobo entre dous mundos» que poderá visitarse no Museo da Prehistoria entre o 27 de marzo e o 1 de setembro. A mostra da institución pontevedresa prosegue, deste xeito, o...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.