Tag: gala da xuventude
Recoñecemento da Deputación ao “talento, esforzo e compromiso” na V Gala da Xuventude
A escalinata central do Pazo da Deputación foi o mellor escenario para amosar o talento, o compromiso e o bo facer e a creatividade da mocidade da provincia revelada na V edición da Gala dos Premios Provinciais á Xuventude. No evento, que encheu a explanada exterior de rapazas, rapaces e as súas familias, foron recoñecidas as 16 mozas, 14 mozos e 3 centros educativos da provincia, autoras e autores dos 30 proxectos galardoados.