Tag: festas gastronómicas
Mos adía a ‘Festa do Codillo’ ata outubro do 2021 pola situación sanitaria e as restricións que non fan posible a súa celebración
A Festa do Codillo, a celebración gastronómica máis emblemática do concello de Mos, debería chegar á súa XXIII edición o próximo domingo, 18 de outubro, pero as especiais circunstancias deste ano 2020 levaron á directiva do Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia a tomar a decisión de suspender o evento e aprazalo ata o ano que vén. A organización entende que a situación sanitaria derivada da COVID-19 "é incompatible coa convocatoria de xuntanzas multitudinarias e as propias restricións establecidas dende as distintas administración impedirían manter o formato tradicional da Festa".