8.1 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis

    Tag: festa do churrasco

    Chega a XLII Festa do Churrasco

    Nove locais de hostalaría servirán churrasco de Covelo a prezo reducido o vindeiro día 25 de xullo, día de Santiago, patrón do Concello de Covelo. O Concello pechou hoxe o prazo de inscrición para os locais de hostalería colaboradores coa XLII edición da afamada festa do churrasco.

    Covelo abre a inscrición para as empresas locais que colaborarán na Festa do Churrasco

    O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na listaxe de empresas de hostalería colaboradoras co desenvolvemento da XLII edición da Festa do Churrasco. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Covelo, de maneira presencial, ou ben a través da sede electrónica do mesmo, ata as 14:00 horas do día 12 de xullo de 2023.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.