7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: festa do choco

    Redondela celebra por todo o alto a Festa do Choco

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaba a carpa de degustación para inaugurar este espazo gastronómico da XXVI Festa do Choco. A partir das 19:30 h, en horario continuo ata o peche, os amantes do choco e os padais máis exquisitos poderán achegarse aos stands para degustar os diferentes pratos que ofrecen os participantes desta edición.

    Arrancan os motores da XXXVI Festa do Choco

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os representantes das asociacións e hostaleiros, que participan na XXXVI da Festa do Choco, presentaron as propostas e novidades deste ano nunha rolda de prensa na Praza do Concello.

    A Festa do Choco volta a Redondela

    O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para aqueles establecementos interesados en participar na celebración da trixésimo sexta Festa do Choco, que terá lugar entre o 11 e o 14 de maio e que, unha vez levantadas todas as restricións sanitarias marcadas pola Covid, recupera a súa celebración popular e de rúa con total normalidade.

    Redondela engalánase para celebrar a XXXV Festa do Choco

    O Concello de Redondela procede, nestes días, ao embelecido do casco urbano de cara á celebración da trixésimo quinta Festa do Choco que terá lugar entre o 29 de abril e o 8 de maio e que, unha vez levantadas moitas das restricións sanitarias marcadas pola Covid, recupera a súa celebración popular e de rúa.

    Comezan os showcooking das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela

    Pucho Barciela e Gilda Pires, foron os encargados de abrir, onte venres 7 de maio, as actividades do showcooking das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela que terán a súa continuidade hoxe sábado e pasado mañá domingo. Na carpa situada diante da Casa do Concello veciñas e veciños poden aprender de man de profesionais de recoñecido prestixio, diversas formas de preparar un produto que, na baía de San Simón, acada niveis de excelencia.

    Redondela celebrará entre os días 8 e 16 de maio as Xornadas de Exaltación do Choco

    O Concello de Redondela non celebrará este ano a Festa do Choco, unha das celebracións senlleiras do municipio e, no seu lugar, desenvolverá entre os días 8 e 16 de maio unhas Xornadas de Exaltación do Choco que buscan, non só seguir poñendo en valor un produto gastronómico de excelencia estreitamente ligado ao nome de Redondela, senón tamén contribuír á reactivación da hostalaría e restauración, un dos sectores máis duramente golpeados pola crise da COVID-19.

    Redondela suspende as Festa do Choco e Os Maios

    O Equipo de Goberno de Redondela anunciou hoxe a suspensión das festas do Choco e Os Maios, dúas celebracións de referencia no municipio e que “por motivos obvios” non poden ser aprazadas. A decisión da suspensión da Festa do Choco adoptouse logo de manter contactos co presidente da confraría de pescadores e con empresarios do sector da hostalería que tiñan confirmada a súa presenza nesta edición do 2020.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.