Tag: estampas anagrámicas
Últimos días para achegarse á mostra “Estampas Anagrámicas” de Rafael García Sánchez, en Tui
Últimos días para visitar na Sala Municipal de Exposición a mostra “Estampas anagrámicas” que rematará este sábado, 15 de maio. A mostra está integrada por 72 láminas do ilustrador e debuxante tudense Rafael García Sánchez coa orixinalidade que cada debuxo, dedicado a unha persoa ou lugar, está realizado combinando as letras da cada palabra.