Tag: espazo crianza
As familias do Rosal xa desfrutan do Espazo Crianza cos seus bebés
As familias do Rosal xa desfrutan do Espazo Crianza, o proxecto impulsado polo Concello para brindar ás familias un lugar de encontro e acompañamento durante o crecemento dos seus fillos.
‘Espazo Crianza’ do Rosal, lugar de encontro e acompañamento ás familias con nenos e nenas de 0 a 12 meses e xestantes
Brindar ás familias un lugar de encontro e acompañamento durante o crecemento dos seus fillos e fillas. Con ese obxectivo o Concello do Rosal pon en marcha Espazo Crianza, un proxecto que ofrecerá ás familias con nenos e nenas de 0 a 12 meses e a xestantes unha canle de comunicación, de información e de aprendizaxe sobre o desenvolvemento infantil, así como de resolución de inquedanzas para unha crianza sen culpas e sen xuízos nin prexuízos.