7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: desafectación

    O Goberno de Redondela solicitará a desafectación das «vivendas dos mestres»

    O Pleno do Concello de Redondela aprobou este pasado xoves, retirar do Inventario Municipal os edificios coñecidos como 'antigas vivendas dos mestres' para poder continuar co proceso de desafectación dos inmobles e destinalos a uso social e cultural.

    Nova vida para os antigos colexios de Salceda de Caselas

    O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de decembro a proposta de afectación das antigas escolas de Revolta, Budiño, Picoña e San Xurxo para destinalas a usos sociocomunitarios unha vez que todas elas obtiveron o visto bo da Xunta de Galicia para desafectalas do uso educativo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.