10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: depoandaina

    As Depo Andainas chegan este domingo á ruta da auga de Silleda

    A segunda das catro Depo Andainas programadas este ano pola Deputación de Pontevedra, desenvolverase este domingo 23 de xullo por paraxes do concello de Silleda.

    Desde hoxe están abertas as inscricións para os “Bosques Terapéuticos” e a “DepoAndaina”

    A Deputación de Pontevedra seguirá a desenvolver no vindeiro mes de setembro un amplo programa de actividades ao aire libre para fomentar hábitos saudables entre a cidadanía e promover ao mesmo tempo o desfrute dos espazos naturais da contorna da provincia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.