Tag: contaxios
A alcaldesa pediu a Sanidade a realización dun cribado masivo no Porriño ante o aumento de contaxios
Eva García solicitou onte ao Conselleiro de Sanidade que o Sergas realice un cribado masivo no Porriño ante o incremento de contaxios que ven producíndose nos últimos días. A alcaldesa propuxo a Julio García Comesaña que o Servizo Galego de Saúde "retome esa idea que se manexou semanas atrás cando O Porriño estaba cunha incidencia moi elevada pero que logo desestimouse pola melloría".
O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxio pola COVID19
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así o expón facendo especial fincapé na celebración de eventos privados ou públicos. Indica o rexedor que “estamos observando que os contaxios estanse producindo na realización de eventos, tanto de carácter público como privado, que supoñen a congregación dun determinado número de persoas”.