12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: consorcio de augas do louro

    Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

    O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

    Máis de 80 persoas coñecen as instalacións e funcionamento da EDAR de Guillarei nunha xornada de portas abertas

    O Consorcio de Augas do Louro organizou unha xornada de portas abertas dirixida á poboación dos catro concellos que integra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Trátase dunha das actividades realizadas para conmemorar o Día Mundial da Auga á que asistiron un total de 82 persoas, 58 adultos e 24 nenos.

    Mos conecta as depuradoras de Herville e Petelos á rede de saneamento do Consorcio de Augas do Louro

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez, deron conta da contratación do proxecto de conexión á rede municipal da rede de saneamento de Herville e rede de Abelenda que será acometido polo Consorcio de Augas do Louro, comezando a obra en breve, e polo que a depuradora municipal de Herville pasará a verter directamente á rede de saneamento.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.