20 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: calendario

    O Concello de Covelo agasalla á veciñanza cun calendario 2024 que difunde a riqueza e beleza local

    Dar a coñecer a riqueza natural, histórica e etnográfica do Concello de Covelo é un dos obxectivos do calendario que nestes días reparte o Concello entre a súa veciñanza. Acompañar ás veciñas e veciños ao longo do ano, salientar as datas das festas locais e, sobre todo, amosar a beleza natural e paisaxística son outros dos obxectivos deste calendario que se repartíu entre a hostalaría local de todas as parroquias para facilitar que as persoas que non viven no centro urbano poidan recollelo.

    Baiona presenta o seu calendario oficial 2024

    Doce meses para promocionar Baiona a través das pinturas do veciño Jorge Trigo Somoza. As paisaxes e veciñanzas baioneses retratados a través do pincel deste veciño baionés que promocionou a Vila que o viu nacer por numerosas galerías nacionais e internacionais chegarán aos fogares baioneses para dar a benvida ao novo ano 2024.

    O Rosal prepara o seu calendario anual máis participativo

    O Concello do Rosal xa está comezando a preparar o calendario para o 2024, un almanaque que, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, "vimos editando dende hai xa tres anos e repartindo de xeito gratuíto entre a veciñanza".

    A Cañiza presenta o seu calendario 2023

    Como en anos anteriores, o novo calendario ten a intención de amosar os lugares máis emblemáticos e senlleiros do municipio.

    Nigrán edita un calendario cunha ducia de mulleres do municipio como protagonistas

    O Concello de Nigrán ven de editar 1000 almanaques de mesa cunha ducia de mulleres do municipio como as grandes protagonistas de cada mes.

    Ponteareas presenta a edición de 2023 do seu Calendario Galego

    O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do Calendario Galego de Ponteareas 2023. Esta nova edición permitirá achegar á veciñanza algúns dos penedos máis coñecidos da vila, como o penedo do Equilibro ou a Pena dos Namorados, pois recolle unha escolma das propostas que participaron no concurso de fotografía ‘Pontepenedo’.

    A Concellaría de Turismo da Guarda e o grupo de fotógrafos Capturando A Guarda editan o calendario fotográfico para 2022

    A Guarda conta cunha paisaxe e patrimonio destacada e moitos visitantes desfrutan fotografando para gardar esa imaxe no seu recordo.

    Un calendario para homenaxear o traballo das mulleres do Rosal

    As mulleres traballadoras do Rosal serán as protagonistas do calendario 2022 do Concello. Unha profesión cada mes é a estrutura que elixiron na Consello de Igualdade municipal para pór en valor o traballo das rosaleiras na historia e tamén na actualidade.

    A veciñanza de Ponteareas xa pode recoller o calendario 2022 que homenaxea a obra do caricaturista Vidales Tomé

    O Concello de Ponteareas quere agasallar a toda a veciñanza co seu Calendario Galego 2022 no que homenaxea ao gran caricaturista ponteareán Vidales Tomé.

    Ponteareas presenta este mércores o calendario que difunde o seu patrimonio cultural e natural

    Ponteareas presentará este mércores ás 20.00 horas o seu Calendario Galego 2022 no salón de plenos da Casa do Concello.

    “Camiñando xuntos” título do calendario solidario da Eurocidade Tui-Valença

    “Camiñando xuntos” é o título do calendario de 2022 que vén de editar a Eurocidade Tui-Valença. Cada mes recolle unha imaxe de Tui ou Valença realizadas pola artista tudense Rosa Mª Vila.

    Gondomar edita un calendario protagonizado con galegas pioneiras en ámbitos negados ás mulleres

    Coincidindo cos actos do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un ano máis se repartirán en Gondomar calendarios do próximo ano cuxo obxectivo fundamental, como nas dúas últimas edicións, é visibilizar a aquelas mulleres que durante anos a historia negou o seu papel nela.

    A Guarda presenta o seu novo calendario para o 2021

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, conxuntamente co seu equipo de goberno, presentaron no día de hoxe, o novo calendario para este ano 2021. Realizáronse ao longo destes anos no concello calendarios marabillosos, que sempre exaltaron as excelencias deste gran concello e onde se podía apreciar como evolucionamos.

    Ponteareas agasalla á veciñanza co seu Calendario Galego

    O Concello de Ponteareas, como cada ano, agasalla á veciñanza co seu Calendario Galego que a partir de hoxe martes día 22 estará disponíbel para todas e todos na Casa do Concello e na Biblioteca Pública Municipal.

    Tui edita un calendario do 2020 con portas da Eurocidade pintadas por Rosa María Vila

    '2020. Abrindo portas…' é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui. Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.