Tag: bonos
O Concello de Tui destina 50 mil euros en bonos de compra para a reactivación da economía local
Hoxe mércores, 13 de xaneiro, abre o prazo de inscrición para que os establecementos interesados se adhiran aos bonos “Activa Tui”. Veñen publicadas no BOPPO as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas axudas á reactivación económica, que foron aprobadas por unanimidade o pasado mes de decembro en pleno.