15.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: bombeiros

    Aumenta o orzamento destinado ao Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento

    O Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50 % coa Xunta de Galicia, disporá en 2023 dun orzamento de 3,9 millóns de euros para a prestación do servizo, (3.913.300 €), cun 0,45 % de incremento respecto ao ano 2022.

    Nigrán encarga un mural para homenaxear aos bombeiros

    O Concello de Nigrán ven de facer realidade a proposta do pintor Rafel Jiménez Ambel para homenaxear aos bombeiros do GES Val Miñor cun mural alusivo á loita contra os incendios de 2017 en Chandebrito.

    O Concello de Ponteareas solicita á Xunta dous novos vehículos para os servizos de Emerxencias e Protección Civil

    Ponteareas quere dotar aos servizos de Emerxencias e Protección Civil da comarca do parque móbil necesario para poder atender as incidencias que se producen ao longo do ano. Por este motivo, o Concello solicita á Xunta dous novos vehículos que permitan ampliar e renovar a flota actual e “que dous servizos básicos para a veciñanza da nosa vila e da comarca poidan operar coa maior eficacia”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

    Os Bombeiros rescataron á dúas mulleres do balcón da vivenda, onde permanecían refuxiadas tras declararse o incendio

    Onte ás 18:54 produciuse un incendio nunha vivenda unifamiliar en Campo do Mouro, en Mouriscados, no concello de Mondariz, no que se atopaban dúas señoras atrapadas no balcón do primeiro andar.

    Controlado o incendio que afectou a unha nave de tratamento de bacallau en Ponteareas

    Os servizos de emerxencia que traballan na extinción dun incendio que está a afectar a unha nave de tratamento de bacallau en Ponteareas teñen o lume controlado, segundo informaron ao 112 Galicia os bombeiros de Ponteareas desprazados ata a zona do sinistro. O lume afectou a boa parte das instalacións aínda que, por fortuna, non se rexistraron danos persoais.

    O PP de Ponteareas volve a solicitar ao Goberno local que amplíe o persoal de bombeiros

    O Grupo Municipal do PP de Ponteareas visitou as instalacións municipais de Bombeiros para trasladarlles "o compromiso firme da Vicepresidencia da Xunta" de dotar ao corpo cun novo vehículo homologado e adaptado para a extinción dos incendios na Comarca do Condado.

    Os populares de Ponteareas solicitan un novo vehículo para bombeiros

    O Grupo Municipal do PP solicitou ao responsable de Emerxencias e Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, un vehículo actual e moderno que permita ao servizo de Bombeiros de Ponteareas, que atende semanalmente centos de servizos en toda a comarca, “dispoñer dun vehículo con capacidade para efectuar os desprazamentos en condicións, poder chegar no menor espazo de tempo e atender as emerxencias que xorden”, explicou a portavoz local, Belén Villar.

    Protección Civil, Policía Local e Bombeiros atenderon diversas inundacións

    O desbordamento do río Louro en varios puntos ao longo do termo municipal, así como os problemas na rede de pluviais, causados polas fortes choivas caídas entre onte e esta mañá, provocaron varias inundacións.

    Desaloxado un edificio en Ponteareas por un lume nun establecemento comercial

    Un incendio no almacén dun establecemento comercial obrigaba á Policía Local de Ponteareas e como medida de precaución, a desaloxar un edificio do Paseo Matutino. Cara ás 8 da mañá, un particular daba o aviso ao 112 Galicia que, a súa vez, alertaba aos bombeiros de Ponteareas.

    Localizado sen vida un home no interior dunha vivenda en chamas

    Un home foi atopado sen vida no interior dunha casa ardendo no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. A vítima, con mobilidade reducida, foi localizada polos bombeiros de Ponteareas na súa cama cando conseguiron entrar no interior da vivenda para atallar o lume que comezou polo tellado, e que destuiu por completo o inmoble no lugar de Souto.

    Falece un home en Ponteareas ao incenciarse a caseta na que vivía

    Un home faleceu na mañanciña de onte en Ponteareas, logo de que se incenciara a caseta na que vivía e que estaba acondicionada como vivenda. O feitos aconteceron cara ás 00:45 horas do 2 de marzo, cando un particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda indicando que ardía unha...

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.