Onte ás 18:54 produciuse un incendio nunha vivenda unifamiliar en Campo do Mouro, en Mouriscados, no concello de Mondariz, no que se atopaban dúas señoras atrapadas no balcón do primeiro andar.
Ao chegas os Bombeiros de Ponteares, atoparon a unha muller de avanzada edad no balcón da vivenda, á cal teñen que rescatala por enriba do cambión de Bombeiros debido a que, dada a súa nula movilidade, non podía baixar pola escaleira e a vivenda estaba chea de fume e lume.
A súa filla xa fora rescatada grazas á colaboración dun veciño, que levou unha escaleira para que baixara. Tanto as propietarias da vivenda como o veciño, foron trasladados ao hospital por inhalación de fume.
Unha vez evacuados procedeuse coa extinción do incendio, xunto coa colaboración dos Bombeiros do Porriño, dado por finalizado ás 23:50. Ardeu a planta baixa e a primeira da casa por completo con todos os utensilios do seu interior.
Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 Galicia para informar dunha casa ardendo e asegurando que había dúas mulleres atrapadas no balcón do inmoble e que precisaban axuda para saír.
Así, con estes datos, desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño, aos membros do GES-SPEIS Ponteareas, á Garda Civil e á Policía Local. Do mesmo xeito foron informados os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, que tamén se desprazaron axiña ata o lugar.