8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: barbies intervidas

    A Deputación leva ao Mercado do Tomiño a mostra das “Barbies” intervidas para concienciar sobre a necesidade de rachar coa violencia de xénero

    A exposición artística “Rompe. Xoga en Igualdade” da Deputación de Pontevedra chega este mércores ao Concello de Tomiño para concienciar sobre a necesidade de rachar coa violencia machista.

    Carmela Silva fai un chamamento á veciñanza de Redondela a “rachar coa desigualdade”

    Unha soa presidenta nas deputacións galegas desde 1812. Unha soa alcaldesa en Redondela, a actual, en máis de corenta anos de democracia... A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, púxolles esta mañá aos escolares dos centros Santa Mariña e Illa de San Simón de Redondela estes e outros exemplos que amosan “que vivimos nun mundo desigual, onde ás mulleres nos custa moitísimo todo”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.