20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: bádminton tui

    O Bádminton Tui valorará a súa continuidade ante os impedimentos que pon Concello para a utilización das instalacións deportivas

    A directiva do Club Bádminton Tui valorará, nestes vindeiros días, a continuidade do club logo de ter recibido, nesta pasada semana, os horarios de adestramentos adxudicados polo Concello de Tui "que nos poñen na tesitura de elixir entre deporte base e competición". Non é, recoñece a directiva do Bádminton Tui, unha decisión fácil "xa que afecta a unhas 200 persoas (170 licenzas federativas) entre deportistas, afeccionados, adestradores, directiva,… por iso necesitamos reflexionalo ben e en breve comunicaremos a decisión final".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.