Tag: atención temperá
O Porriño contará co programa de atención temperá
O Concello do Porriño vén de dar o primeiro paso para implantar o programa de atención temperá no municipio. Estase a falar dun servizo moi demandando no Porriño consistente nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (ata 6 anos) e á súas familias.
Mos aproba a solicitude de subvención autonómica anual para dar continuidade ao Servizo de Atención Temperá
O Concello de Mos aprobou esta mañá en Xunta de Goberno local a solicitude de subvención autonómica para dar continuidade ao Servizo Municipal de Atención Temperá dotado de 1 psicóloga, 1 logopeda e 1 fisioterapeuta.
O Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño amplía o seu horario de atención
O SAT (Servizo de Atención Temperá) da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, que funciona en Tomiño dende o ano pasado, ampliou durante o mes de Setembro o seu horario de atención ao público, que pasa a ser de luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.30 horas.
A Cañiza pon en marcha un programa de Atención Temperá
Luis Piña, alcalde da Cañiza, e Fernando González, director xeral de maiores e persoas con discapacidade da Xunta, reuníronse en San Caetano o pasado xoves.
Salvaterra de Miño, Arbo e Crecente contarán cun Gabinete de Atención Temperá a partir do verán
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a concesión dunha subvención aos Concellos de Salvaterra de Miño, Arbo e Crecente para a prestación de Servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá. Os tres concellos únense para solicitar esta subvención e así poder prestar aos seus veciños e veciñas un servizo de proximidade e de calidade, co fin de que non se teñan que desprazar fora do seu termo municipal para poder obter unha atención eficaz e de calidade.
A Unidade de Atención Temperá do Baixo Miño comezará a funcionar nas vindeiras semanas
A Unidade de Atención Temperá (UAT) da comarca do Baixo Miño comezará a funcionar nas vindeiras semanas. Creada recentemente pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, está constituída polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, co obxectivo de que as familias que teñan menores con dificultades de aprendizaxe, poidan ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse até Vigo.
A Xunta financia a atención temperá da agrupación dos concellos de Salceda e As Neves con máis de 105.000 euros
A Xunta concedeu esta semana axudas por uns 2 millóns de euros para financiar 28 unidades de atención temperá, dez delas de nova creación. Deste xeito, a agrupación de concellos composta por As Neves e Salceda de Caselas contará cunha subvención de 105.383,70 euros para manter a contratación dunha fisioterapeuta, dúas logopedas e unha psicóloga.
Salceda disporá dun Gabinete de Atención Temperá a partir de setembro
O Concello de Salceda botará a andar a partir do mes de setembro un gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.