14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO servizo de atención temperá do Porriño comezará a súa actividade en...

    O servizo de atención temperá do Porriño comezará a súa actividade en outubro

    Un equipo multidisciplinar servirá de guía profesional ás familias ofrecer unha resposta global ante posibles trastornos do desenvolvemento nos nenos e nenas de 0 a 6 anos

    O servizo de atención temperá do Porriño iniciará a súa actividade no mes de outubro. Trátase dun servizo moi demandado no Porriño que ata o de agora nunca se prestou e que servirá de guía profesional a moitas familias para tratar posibles trastornos do desenvolvemento nos nenos e nenas de 0 a 6 anos a través dunha actuación conxunta e interdisciplinar imprescindible que dea unha resposta global ás súas necesidades.

    “Para mellorar a calidade de vida da veciñanza é esencial actuar dende os primeiros anos, detectando as dificultades do desenvolvemento que poidan presentar os pequenos e pequenas, ou o risco de padecelas, coa maior prontitude para que poidan recibir atención canto antes”, incidiu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Para iso, no servizo de atención temperá do Porriño atoparán a profesionais que, en coordinación cos servizos sociais, sanitarios e educativos do concello, os axudarán, a eles e ás súas familias”.

    Pola súa banda, a concelleira de Sanidade e Educación, Carolina González, explicou que “inicialmente, co fin de que inicie a súa actividade o antes posible, instalarase en tres locais habilitados no Pavillón Municipal: un para logopedia, outro para psicoloxía e outro para fisioterapia. É unha ubicación temporal, xa que dende o Concello estamos a xestionar a adquisición dun local no que se instalará definitivamente o servizo”.

    No servizo de Atención Temperá do Porriño as familias atoparán profesionais que avaliarán e diagnosticarán os trastornos do Desenvolvemento dos pequenos e pequenas e traballarán no seu desenvolvemento psicomotor, cognitivo, da linguaxe e comunicación, da autonomía e da área social e afectiva, ademais de prestar apoio, información e formación á familia durante todo o proceso. Serán os pediatras os que avalíen que nenos ou nenas precisan desta atención.

    A posta en marcha deste servizo, do que xa disponían todos os concellos da contorna excepto O Porriño, foi posible a través dunha subvención da Consellería de Política Social no marco da Rede Galega de Atención Temperá. Cabe destacar que xa foi licitado e adxudicado á entidade local, ACEESCA, que se encargará da xestión do mesmo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.