As Neves

A veciñanza das Neves aliviada no pago de impostos para reconstruir despois dos lumes

O Goberno local das Neves lembrou hoxe que as accións, aprobadas no seu día para facerlle fronte ás perdas ocasionadas polos lumes de outubro de 2017, seguen a beneficiar ás veciñas e veciños. Para facilitar que os afectados puidesen rehabilitar as súas propiedades, o Pleno do Concello, a proposta do Goberno local acordou, coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “unha redución do 95% no imposto de construcións”.

As estradas do Ravelo e Santa Marta, nas Neves, lucirán novo aspecto

As estradas provinciais que cruzan o barrio do Ravelo e chegan á igrexa de Santa Marta de Ribarteme, no concello da Neves, estrearán a súa nova imaxe en Semana Santa. Así o indicou hoxe o deputado de Mobilidade Uxío Benítez logo de realizar unha visita de supervisión ás dúas actuacións, que suman un investimento total de preto de 300.000 euros, acompañado do alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

As Neves reclama un "cruce seguro" para Setados e "non prohibicións"

O alcalde das Neves asegurou estar "asombrado" logo de que a Consellería de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente colocase, sen dar aviso, un sinal que prohíbe o xiro no cruce da PO-400 co camiño que leva a Laxes, a A Igrexa e a maior parte da parroquia de Setados. Xosé Manuel Rodríguez Méndez lembra que hai tres anos que formulara á Xunta de Galicia a necesidade de que neste cruzamento se sitúe unha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’, dado o perigo do mesmo para vehículos e peóns.

Obradoiro sobre o Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo nas Neves

A Casa da Xuventude das Neves acollerá, este xoves 21 de febreiro ás 19:30 horas, un obradoiro de participación sobre o Plan de Mobilidade Sustentable do río Miño Transfronteirizo (PMST), de cara a que entidades, colectivos e persoas interesadas poidan realizar as súas propostas e achegas. O PMST é unha das principais accións do proxecto de cooperación transfronteriza Smart Minho, que busca planificar un modelo de mobilidade e accesibilidade, entre as eurocidades do Minho, orientado á mellora da calidade de vida das persoas, a seguridade vial e respecto ao medio ambiente.

O Pleno das Neves aproba modificar o planteamento urbanístico da zona do antigo cuartel

O Pleno do Concello das Neves, deu o visto bo, sen o apoio do Partido Popular, á aprobación inicial da modificación puntual do planteamento urbanístico da zona do antigo cuartel da Garda Civil. Esta edificación, situada na Praza de San Agustín, é edificio histórico catalogado, que fora ampliado no seu día para a súa transformación en cuartel e que, posteriormente, coa construcción das novas dependencias da Garda Civil en Salvaterra, quedou abandonado.

Suscribirse a este canal RSS