Máis de 800 participantes de tódalas idades daranse cita na VII Corre X Salceda

O vindeiro domingo 6 de maio Salceda de Caselas acollerá a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas. Baixo o nome 'Corre X Salceda', a proba servirá para que os participantes poidan coñecer os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas, Lagoela e Landres. A concelleira de Deportes, Carla Pérez, quixo agradecer "especialmente" a colaboración de Luis Manuel Rodríguez Cabaleiro, "figura fundamental na organización deste evento”.

O PP de Salceda presenta un equipo "comprometido que une mocidade e experiencia"

O PP de Salceda de Caselas fixo público o equipo que conformará a súa candidatura nestas vindeiras eleccións municipais do mes de maio. A candidatura estará encabezada polo actual portavoz popular no Concello de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, que asegura que presenta unha lista que combina “mocidade e experiencia” e composta por persoas formadas e “comprometidas co seu pobo”.

Mos homenaxea a 'Xiramos' polo segundo posto no 'Trofeo Don Quijote'

Os 14 rapaces e rapazas integrantes do grupo 'Dentro del tiempo' do club patinaxe 'Xiramos' de Mos, foron recibidos esta tarde no salón de sesións do Concello de Mos que, con esta recepción, quería recoñecerlles o magnífico traballo realizado no 'Trofeo Don Quijote' onde acadaron o segundo posto. As patinadoras e patinadores estiveron acompañados pola acaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo e demais membros da Corporación Municipal.

O Porriño adquire un local para aula da UNED

O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED nesta vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018. Pola súa banda, o Partido Popular cualificou de "arbitraria" a adquisición deste local comercial por máis de 276.000 euros, cando, sinala o seu portavoz e candidato á alcaldía, Alejandro Lorenzo, "existen outros locais que reunirían as condicións requiridas pola UNED, incluso o Concello dispón de instalacións que poderían ser acondicionadas a tal fin".

O 'Bocaselas' prevé vender máis de 10.000 bocadillos en tres fins de semana

O Concello de Salceda de Caselas xunto con 14 locais hostaleiros do municipio veñen de presentar a II edición do Bocaselas, a ruta de bocadillos do municipio, que se celebrará os venres e os sábados entre o 26 de abril e o 11 de maio (ambos incluídos). Establécense dúas rutas diferenciadas: unha para os venres e outra para os sábados, con sete establecementos participantes en cada un dos días. Loli Castiñeira, concelleira de Turismo e Comercio reafirmou a aposta do Goberno local "por este tipo de eventos que apoian ao comercio local e, neste caso, á hostalería".

A Asemblea de Movemento Salceda ratifica a lista para as municipais por unanimidade

A Asemblea Xeral de Movemento Salceda ven de ratificar, por unanimidade, a candidatura coa que a formación política concorrerá ás eleccións municipais o vindeiro 26 de maio e coa que espera revalidar o Goberno que leva exercendo dende o ano 2007. A totalidade das persoas asistentes á asemblea deron o seu visto bo á candidatura, que estará formada por 23 persoas, 13 titulares e 10 suplentes, o máximo permitido no caso do Concello de Salceda de Caselas.

Suscribirse a este canal RSS