O Concello de Nigrán todavía ten prazas para os roteiros gratuítos deste mércores 23 de agosto ‘Praia América – A Niza galega’ (18:30 horas) e do vindeiro mércores día 30 de agosto ‘Tesouros de Monteferro’ (18:30 horas). Ambos son gratuítos, de aforo limitado, e con inscrición previa no correo [email protected] indicando o nome completo, número de teléfono e título e data da ruta elixida. A duración aproximada é de 2-2,5 horas e a dificultade baixa ou media-alta.
No roteiro ‘Tesouros de Monteferro’ percórrese o Monumento á Mariña Universal, a batería militar e o petróglifo das ‘Penisas Pequenas’. Pola súa banda, o roteiro ‘Praia América- A Niza galega’ está baseado no proxecto de urbanización do emigrante e benefactor Manuel Lemos.
A ruta urbana ‘Paseando Nigrán’ do 26 de agosto adicada á parroquia de Camos xa ten as plazas completas.