Domingo, 4 Maio de 2025

O Concello de Nigrán recibe aos catro técnicos contratados a través do programa ‘O teu primeiro emprego’, da Deputación de Pontevedra

As titulacións de cada beneficiario permitirán que desenvolvan o seu traballo no departamento na Biblioteca Municipal, Arquivo, Rexistro e Servizos Sociais

O Concello de Nigrán recibíu hoxe ás catro persoas en prácticas ao abeiro das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia ‘O teu primeiro emprego’, da Deputación de Pontevedra. En concreto, trátase de persoal que ten o Ciclo Superior en Administración e Finanzas pero sen experiencia laboral previa no eido da súa formación, tal e como indican as bases e como se seleccionou desde a Oficina de Emprego.

“Como institución pública temos a obriga de dar as maiores facilidades á xuventude para atopar o seu primeiro emprego, dende o Concello debemos axudar a que completen a súa formación académica con experiencia profesional para facilitarlles a futura inserción ao mercado laboral e, sen dúbida, ao mesmo tempo o consistorio tamén se beneficiará da súa presenza”, indica o alcalde, Juan González.

Estes catro bolseiros desenvolverán desde hoxe o seu traballo cun contrato en prácticas durante 6 meses prorrogables a outros 6 (en función da resolución provincial final) en Rexistro, Arquivo, Biblioteca Municipal e Servizos Sociais, e as retribucións serán as estipuladas nas bases da convocatoria.