23.5 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNovos roteiros urbanos en xuño en Nigrán

    Novos roteiros urbanos en xuño en Nigrán

    O Concello de Nigrán continúa este mes de xuño cos roteiros urbanos ofrecendo o sábado 10 e o domingo 25 o programa ‘Paseando Nigrán’ con percorridos circulares de aproximadamente 2 horas.

    É preciso inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org indicando nome completo, teléfono e ruta. Recoméndase acudir sempre con roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar, protector solar e unha botella de auga.

    O primeiro deles terá lugar o sábado 10 con saída ás 09:00 horas desde a Oficina de Turismo de Gaifar para ir ata a igrexa e cemiterio de San Pedro; o seguinte, o domingo 25, partirá tamén ás 9:00 desde Praia América (fronte ao ‘Angelito’) para chegar ata Prado.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.