18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán enche o verán con roteiros gratuítos

    Nigrán enche o verán con roteiros gratuítos

    O Concello de Nigrán ofrece ao longo do verán catro tipos de roteiro gratuítos destinados a promover o municipio: ‘A Praia dos Afogados’ , ‘Praia América – A Niza galega’, ‘Tesouros de Monteferro’ e, por último, ‘Paseando Nigrán’. A información concreta de cada un está pendurada en www.nigran.es. Todos son gratuítos, de aforo limitado, e con inscrición previa no correo oficinaturismo@nigran.org indicando o nome completo, número de teléfono e título e data da ruta elixida. A duración aproximada é de 2-2,5 horas e a dificultade baixa ou media-alta.

    Estréase o mércores 19 de xullo ás 18:30 horas co roteiro literario ‘A Praia dos Afogados’, baseado nas localizacións da novela negra de Domingo Villar. Este mesmo se repetirá o 5, 9 e 19 de agosto en diferentes horarios.

    O roteiro ‘Tesouros de Monteferro’, no que se percorre o Monumento á Mariña Universal, a batería militar e o petróglifo das ‘Penisas Pequenas’ terá lugar o 22 de Xullo ás 10:00 e o 2 e 30 de agosto ás 18:30 horas.

    O roteiro ‘Praia América – A Niza galega’, baseado no proxecto de urbanización do emigrante e benefactor Manuel Lemos, terá lugar o 26 de xullo ás 18:30 horas e o 12 e 23 de agosto en diferentes horarios.

    Finalmente, a ruta urbana ‘Paseando Nigrán’ estará adicado á parroquia de Camos e terá lugar o 26 de agosto ás 9:00 horas.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS