Domingo, 4 Maio de 2025

Nigrán canaliza co profesorado a realización de fotocopias e entrega a domicilio para o alumnado sen medios técnicos

Ante o inicio da terceira avaliación e para axilizar este servizo municipal, son os propios titores os que facilitan á concellería de Educación os documentos que precisa cada estudante en concreto

O Concello de Nigrán, ante o inicio da terceira avaliación e con elo maior demanda de tarefas ecolares, canaliza directamente co profesorado a realización de fotocopias e posterior entrega a domicilio para todos aqueles alumnos sen medios técnicos. Así, son os propios titores os que facilitan ao correo electrónico da Concellería de Educación os documentos que precise cada estudante en concreto indicando a dirección de entrega e un contacto telefónico para poder achegarllo persoalmente desde o Concello.

O servizo, presentado xa ás direccións de todos os centros educativos públicos de Nigrán e xa en marcha desde este luns, pretende solventar deste xeito as carencias de cada familia e evitar as desigualdades no eido educativo. “Non queremos que as familias sen medios técnicos sexan, aínda por riba, as máis prexudicadas deste parón da ensinanza presencial, por iso garantimos que durará mentres non haxa clases presenciais”, indica o alcalde, Juan González.

A propia edil de Educación, Marina Vidal, comezou o luns pasado a realización de fotocopias e as está a entregar diariamente nos domicilios de Nigrán que os titores lle indican. Durante todo o tempo que dure o confinamente será ela quen se ocupe directamente de levar adiante o servizo.