Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán ampliará o departamento de Servizos Sociais con dous novos postos de traballo

O goberno local plantexa contratar a un traballador/a social e un auxiliar administrativo/a desde setembro, coincidindo co inicio do novo Servizo de Axuda no Fogar, que duplicará o número de usuarios

O Concello de Nigrán destinará 60.000 € do remanente de tesourería á ampliazón do departamento de Servizos Sociais mediante a contratación por un ano dun novo traballador/a social e un auxiliar administrativo/a.

Así o plantexará o goberno local no vindeiro pleno ordinario do 31 de maio. Estas novas incorporacións serían a partir de setembro, coincidindo previsiblemente co inicio do novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar, que permitirá duplicar o número de usuarios de 60 a 120 e, por tanto, incrementará a carga de traballo do departamento.

O novo persoal sumarase as dúas traballadoras sociais, unha educadora e unha auxiliar que o conforman actualmente.

“A Covid desafortunadamente ampliou o número de usuarios dos Servizos Sociais e as súas necesidades e, paralelamente, o Concello implantou recentemente programas como ‘Xantar na Casa’ que se sumarán ao novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar ou outros, polo que consideramos conviente esta ampliación do persoal para que o departamento continúe a funcionar como o está a facer”, sinala o alcalde, Juan González, quen indica que, en función da evolución da pandemia e as súas consecuencias socioeconómicas nas persoas, o Concello prolongará ou  non a duración dos contratos.