9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán adquire 200 novos composteiros individuais para repartir entre a veciñanza

    Nigrán adquire 200 novos composteiros individuais para repartir entre a veciñanza

    A nova remesa súmase aos máis de 200 repartidos nos pasados anos, sendo un compromiso do goberno local o incentivo deste tratamento dos residuos orgánicos

    O Concello de Nigrán ven de adquirir 200 novos composteiros individuais para repartir gratuitamente entre a veciñanza que o solicite no  mail secretariap@nigran.org ou no teléfono 986 36 50 00.

    Os interesados deben estar empadroados no municipio e contar con finca ou xardín, ademais de non ter recibido outro anteriormente. Xunto cos composteiros, que comezarán a entregarse este mércores 9 de xuño, recibirán unha folla explicativa para a súa correcta xestión. A entrega realizarase segundo rigorosa orde de inscrición ata esgotarse a remesa.

    O Concello de Nigrán entregou nos anos pasados outras 200 unidades entre os veciños que o solicitaron. Trátse dun obxectivo do goberno local o incentivo deste tipo de tratamento dos residuos orgánicos en cada forgar.

    “É unha solución perfecta dentro da denominada economía circular e un apoio para o desenvolvemento das estratexias ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible), polo que seguiremos repartindo máis unha vez se rematen estes”, garante o edil de Medio Ambiente, Diego García.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.