Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do mércores polo esteiro do Miñor

Os interesados deben inscribirse antes do martes ás 14:00 horas no mail [email protected]. A andaina encádrase na programación de verán 'Nigrán, equilibrio natural'

O Concello de Nigrán arranca este mércores 7 de xullo cos seus roteiros guiados encadrados na programación de verán ‘Nigrán, equilibrio natural’. Este primeiro será polo esteiro do río Miñor con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio (A Ramallosa).

Como en todos os que se realicen, o aforo é limitado e os interesados deben anotarse previamente no mail [email protected] indicando os datos dos participantes (nome, apelidos e teléfono), sendo este martes ás 14:00 horas a data límite para inscribirse.

O Concello de Nigrán ofrecerá diferentes roteiros todos os mércores de xullo en horario matinal e vespertino alternativamente cada semana.

“A pandemia axudounos a descentralizar as opcións de ocio e a mirar cara os nosos marabillosos carreiros naturais do interior e da costa”, sinala o rexedor, Juan González, en referencia á esta programación específica estreada con éxito o ano pasado.