Domingo, 4 Maio de 2025

A Casa do Concello de Nigrán ilumínase de azul polo Día Mundial da Dislexia

Baixo o lema #UnidosPorLaDislexia o Concello participa nesta campaña que, desde hai tres anos, ten escollido a cor azul turquesa porque transmite connotacións moi positivas aos que sufren este trastorno

O Concello de Nigrán súmase ao Día Mundial da Dislexia  que se conmemora o día 10 de novembro iluminando esta noite de azul turquesa a Casa Consistorial, tal e como promove A Federación española de  dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe ( FEDIS) coa campaña  #UnidosPorLaDislexia. O obxectivo é facer visible este trastorno da aprendizaxe que afecta aproximadamente a catro de cada seis fracasos e abandonos escolares. Ademais de numerosos Concellos de toda España, únese o Congreso dos Deputados e as principais cidades e deputacións do país, asi como a Axencia Española de Cooperación Internacional ( AECID).

A cor Azul- Turquesa

A Asemblea Xeral da Federación española de  dislexia, elixiu por unanimidade xa hai tres anos, a cor azul  turquesa como o que representa a causa da  dislexia debido a que é unha cor con connotacións maiormente positivas para as persoas con  dislexia, debido a que promove a creatividade, a calma, a serenidade, a tranquilidade e relaxación.