21 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: día da dislexia

    A Casa do Concello de Nigrán ilumínase de azul polo Día Mundial da Dislexia

    O Concello de Nigrán súmase ao Día Mundial da Dislexia que se conmemora o día 10 de novembro iluminando esta noite de azul turquesa a Casa Consistorial, tal e como promove A Federación española de dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe ( FEDIS) coa campaña #UnidosPorLaDislexia.

    A cor azul turquesa tingirá este xoves o Pazo Provincial da Deputación para conmemorar o Día da Dislexia

    A Deputación de Pontevedra iluminará de azul turquesa o seu Pazo Provincial na tarde deste xoves ao abeiro da conmemoración do Día da Dislexia. Deste xeito a institución únese á campaña #UnidosPorLaDislexia impulsada pola Asociación Dislexia e Familia (DISFAM), a Federación Española de Dislexia (FEDIS) e a Organización Iberoamericana das DEA (OIDEA)

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.