3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorGondomarTeatro e diversión para os máis cativos encherán Gondomar esta fin de...

    Teatro e diversión para os máis cativos encherán Gondomar esta fin de semana

    Contacontos, música e teatro musical son as primeiras citas dunha serie de actividades previstas nas próximas semanas, nunha clara aposta do goberno local polo sector da cultura

    “Poe Xia”, un contacontos moi especial e enmarcado dentro do programa “Ler conta moito”, promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, levantará o pano desta fin de semana. Con entrada gratuíta e aforo limitado e axustado ás necesidades que marcan a “nova normalidade”, hoxe a partir das 18.00 horas os asistentes poderán gozar da historia de dúas amigas “Poe e Xia”, un recital que rende homenaxe aos autores e autoras que coas súas obras converteron “a infancia nun territorio especial e único”.

    A música e percusión chegará a cargo de Odaiko Percussión o vindeiro domingo 11 de outubro a partir das 18.00 horas na Praza Paradela. Os 4 integrantes da agrupación achegarán a Gondomar unha divertida proposta artística centrada na exploración da música tradicional multiétnica, centrada nas múltiples e curiosas opcións dos elementos e instrumentos de percusión.

    E o luns 12, a partir das 18.00 horas, estacionará na Praza da Paradela o autobús da “Tropa do Doutor Milagre”. Música, improvisación, xogo, baile e moita diversión están garantidas con este espectáculo dirixido a grandes e pequenos.

    En todos os casos a entrada será gratuíta e con control de aforo e suxeitos as normas de seguridade sanitaria.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.